Gabriel Álvarez é do Carballiño, licenciado en Tradución e Interpretación e doutorado en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo.
É tradutor autónomo profesional, vive exclusivamente da tradución para o sector editorial e traduce principalmente do xaponés ao galego (literatura) e ao castelán (manga e literatura).
Viviu en Kobe tres anos e medio. Alí fixo un máster de Lingüística e Comunicación na Universidade de Kobe grazas a unha bolsa de estudos do Ministerio de Educación do Xapón.
O mércores, 15 de maio teremos a sorte de contar coa súa presenza no noso centro, e o Club Manga exercerá de anfitrión.
Na charla coñeceremos a súa traxectoria profesional, sobre a lingua nipona e as dificultades que ten a tradución do xaponés, especialmente no que respecta ao manga.
Comentarios
Publicar un comentario